Xornada de eliminación de invasoras en Traba

ADEGA ten unha nova convocatoria do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte. Trátase dunha acción de eliminación de flora invasora do Complexo Húmido de Traba, no concello de Laxe. Será o sábado 12 de marzo, en horario de 10:30 a 17:00h.

Na actividade vaise eliminar flora exótica invasora que pode chegar a ser un perigo para as especies ameazadas do espazo natural. Será unha xornada de mañá e tarde, adicando a xornada matinal a recoñecer as invasoras e proceder á súa eliminación. Na sesión de tarde realizarase unha ruta polo espazo natural protexido de Traba para descubrir os seus valores naturais e paisaxísticos.

Esta actuación dá continuidade a un traballo comezado hai uns anos en colaboración co Departamento de Botánica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, coa creación das Microrreservas de Flora da Costa da Morte.

As prazas son limitadas e é preciso inscribirse a través do correo electrónico ramses@adega.gal ou chamando ao 616 23 80 60.

O voluntariado asistente terá cubertos os gatos de manutención e contará cos seguros correspondentes.

O proxecto conta nesta ocasión co apoio da Acción Social de CaixaBank a través da ‘Convocatoria de Medioambiente 2021’, que dá soporte a iniciativas encamiñadas á mellora do patrimonio natural, a través da protección da biodiversidade, a innovación ambiental e a loita contra a despoboación.

 

PT/ GUIA DAS ESPÉCIES EXÓTICAS E INVASORAS DOS RIOS, LAGOS E ESTUÁRIOS DA PENÍNSULA IBÉRICA

 


About LIFE17 GIE/ES/000515 Life Invasaqua of the EU.

Espécies exóticas invasoras de água doce e sistemas estuarinos: sensibilização e prevenção na Península Ibérica

Co-financiado pela UE no âmbito da iniciativa Life e coordenado pela Universidade de Múrcia, LIFE INVASAQUA visa contribuir para reduzir os impactos nocivos das ESPÉCIES EXÓTICAS INVASORASORAS (IEE) na biodiversidade, aumentando a sensibilização do público, aumentando a formação nos sectores envolvidos e criando ferramentas para um sistema eficaz de alerta rápido e resposta rápida (EWRRR) para gerir os seus impactos nos ecossistemas e estuários de água doce.

Life Invasaqua é coordenado pela Universidade de Múrcia com a participação de 8 parceiros:: EFEverde da Agencia EFE,  UICN-Med,  Museo de Ciencias Naturales-Centro Superior de Investigaciones Científicas,  Sociedad Ibérica de Ictiología (SIBIC),  Universidad de Navarra,  Universidad de Santiago de Compostela,  Universidad de Évora e Associaçao Portuguesa de Educaçao Ambiental (ASPEA)

@lifeinvasaqua